Patrón de FESACOCUR raza Galiña Piñeira


Orixe: Galicia

Impresión xeral: É unha ave semipesada, de dorso de lonxitude media, crista en rosa moi plana, orelliñas vermellas e tarsos amarelos.

Peso: Galo 2,800 kg - 3,500 kg / Galiña 1,800 kg - 2,500 kg

Peso mínimo do ovo: 50 g.

Cor do ovo: Casca de cor branca crema.

Diámetro das anelas: Galo 20, Galiña 18

Variedades de cor

Morfoloxía do galo

Corpo: Lonxitude e anchura medias. Lixeiramente inclinado.

Pescozo: Longo, lixeiramente arqueado.

Esclavina: Abondosa, cubrindo os ombros.

Dorso: Ancho, de lonxitude media e inclinado (aprox. 20 %).

Ás: Tamaño medio e posición de aprox. 45º respecto da horizontal.

Sela: Caireis abondosos e longos.

Cola: Tamaño medio e poboada. Posición (60º).

Peito: Ancho e pouco prominente.

Abdome: Pouco desenvolvido.

Cabeza: Tamaño mediano-pequeno.

Cara: Vermella e lisa.

Crista: En rosa, moi plana, con pouco volume e un perlado moi fino. Sen espiña final, con acabado romo.

Barbeliñas: Medianas, vermellas e arredondadas.

Orelliñas: Medianas, ovais e vermellas.

Ollos: Iris de cor alaranxada.

Pico: Longo e lixeiramente curvo. Cor segundo a variedade da plumaxe.

Coxas: Longas e visibles.

Tarsos: De lonxitude media, sen plumas e de grosor medio. De cor amarela con veladura bronceada.

Dedos: Catro.

Plumaxe: Ceñida.

Morfoloxía da galiña

As mesmas características ca o galo, tendo en conta as diferenzas sexuais.

Cola: Levántaa máis baixa ca o galo.

Dorso: Lixeiramente inclinado ou horizontal.

Peito: Algo máis prominente ca o do galo.

Abdome: Máis desenvolvido.

Defectos graves na raza